Estes días estivemos en Brest cun programa moi apretado dentro do noso proxecto Atlantic Youth Creative Hubs. Fomos recibidos por Gwen e Madeleine, responsables do proxecto. E comezamos a traballar perante todos estes días na Science Hack Day, unha Creative Jam moi social e moi peculiar que nos gostou moitísimo.
Como responsables da Comunicación de Aych desenvolvemos o noso traballo creando contido e apoiando aos mozos e mozas alí presentes a desenvolver os seus videos.