Querendo Brest
Pois deu moito de sí a nosa Visita a Brest.
Por unha banda o Metropole de Brest encargounos realizar un obradoiro para mozos e mozas baseado no uso do smartphone e a edición de video, que resultou todo un éxito.
E pola outra banda fomos recibidos por Yves Gueren do FabLab da Universidade da Bretaña Oriental, un espazo creativo de primeiro orde que pecha para nós o ciclo das visitas a diferentes FabLabs europeos; xa temos a decisión tomada, Lugo contará cun FabLab, estamos empeñados e vai ser en breve.
- Published in Uncategorized @gl
ATLANTIC YOUTH CREATIVE HUBS
Despois de moitos pensamentos e de moitos camiños seguidos chega á nosa familia un proxecto que nos vén de augas atlánticas norteñas. Atlantic Youth Creative Hubs é a consecución dunha filosofía de empresa social onde o servizo cara a mocidade é o pulo que nos mantén na avangarda da creatividade europea. Traballamos arreo en conformar novas vivenvias para os xóvenes do país para que poidan crear proxectos de vida enrriquecedores para eles e para o seu entorno cara un espazo común e obxectivo que nos leva a un claro pensamento Hub.
- Published in Uncategorized @gl
PROCESO DE SELECCIÓN: Coordinador de Proxectos Europeos
A mercantil Vida Láctea convoca proceso de selección para a cobertura dunha vacante para un posto de Coordinación de Proxectos Europeos Interreg ata o 8 de abril incluído. Os solicitantes nesta convocatoria presentaránse utilizando o anexo adxunto que enviarán ao mail rrhh@vidalactea.com
- Centro de Traballo: Lugo.
- Denominación do posto: Coordinador de Proxectos Europeos.
- Tipo de contrato: A tempo completo.
- Prazo de presentación de solicitudes: 8 de abril de 2018.
- Requisitos mínimos:
- Idiomas: español, inglés ou francés.
- Experiencia en coordinación de proxectos.
- Titulación Universitaria.
- Titulación de Tempo Libre.
_____________________________________________________________________
Vida Lactea calls for selection process for the coverage of a vacancy for Interreg European Projects Coordination until April 8th inclusive.
Applicants in this call presented using the email rrhh@vidalactea.com
- Work Center: Lugo
- Name Work: Coordinator of European Projects.
- Type of contract: Full-time.
- Time for submission of applications: April 8, 2018.
- Minimum requirements:
- Languages: Spanish, English or French.
- University Degree.
- Leisure Degree.
- Published in Uncategorized @gl
COMEZA AYCH
Atlantic Youth Creative Hubs é o novo proxecto de Vida Lactea que comeza en Lugo nas vindeiras datas. Pouco a pouco iremos desengranando este proxecto que conxuga con grande notabilidade:
- estar dirigido á mocidade apoiando as súas iniciativas
- crear un espazo interactivo europeo de emprendemento
- conectar a mozos e mozas de España, Francia, Portugal de Reino Unido
Se tés Cunha idea só tés que ponette en contacto con nos: aych@vidalactea.com
Atlantic Youth Creative Hubs é un proxecto Interreg cofinanciado con fondos FEDER.
- Published in Uncategorized @gl
PROGRAMA XUVENTUR
En OUTUBRO comeza XUVENTUR programa da Xunta no que vos podedes apuntar para pasar unha fin de semana no turismo rural con actividades en diferentes ámbitos.
(Programa de educación non formal para a mocidade en establecementos de turismo rural).
Vida Láctea leva a actividade que se chama ESTADÍAS CREATIVAS.
Aquí tedes o folleto: http://xuventude.xunta.es/…/Setem…/Folleto_Xuventur_2017.pdf
E aquí tedes outro enlace da web de xuventude onde podedes atopar toda a información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/12257-xuventur-2017
As prazas van voar, así que o día 12 de setembro ás 9:00 chamade (quen chama pode anotar a outra persona).
Teléfonos: 881-999-025 ou 981-545-293
Poderedes disfrutar dun entorno alucinante e con actividades totalmente novidosas.
- Published in Uncategorized @gl
Centro de Inmersión Lingüística de Os Peares
Xa van para tres anos que Vida Láctea é a encargada das actividades no Centro de Inmersión Lingüística de Os Peares. Proxectos e programas que perante todo este tempo levamos desenvolvido neste especial centro que se sitúa na confluencia de tres ríos e na encrucillada de catro concellos: dato curioso.
O noso programa Aventura Peares é o resumo do lecer no tempo libre educativo dos mozos e mozas que queren compartir connosco unha aventura de deporte e natureza.
O programa Adventure Camp leva como excelencia a posibilidade de realizar actividade deportiva e de natureza en inglés.
Un ano máis xa temos as actividades preparadas para que o pasedes moi ben!.
- Published in Uncategorized @gl
FREE COWORKING
Dende o 1 de outubro ábrese o espazo coworking do Lug2 donde poderás disfrutar, totalmente de balde, dun espazo de cooperación e colaboración nun ambiente creativo e formativo de excepción. Conta con:
- Espazos de traballo.
- Espazos de reunión.
- Espazos de exposición.
- Espazos de lecer.
Se queres un novo espazo de traballo, só tés que chamar por teléfono ao 982 80 41 49 ou escribir un mail a: coworking@lugdous.com
- Published in Uncategorized @gl
COLABORACIÓN B THE TRAVEL BRAND
Vida Láctea no seu afán de mellorar vén de asinar unha colaboración con B The Travel Brand Sarria polo que a partires de este ano amplía as viaxes con mozos e mozas ao estranxeiro cunha metodoloxía e obxectivos moi claros, entre os cales se atopan:
- Os usuarios e usuarias realizan a programación en coordinación cos profesionais de Vida Lactea e B The Travel Brand, ademáis de pais e nais ou docentes.
- Profesionais de Vida Lactea acompañarán en todo momento aos mozos e mozas.
- Existe unha continua comunicación instantánea entre o grupo e os seus pais e nais a través das novas tecnoloxías.
- Realizamos reunións previas personalizadas informativas con pais e nais e reunións de programación e contacto con mozos e mozas.
Este proxecto confire destinos con programacións dinámicas, interesantes e lúdicas para todos os participantes, ademáis da posibilidade que sexan on english. Terá como destinos para o ano 2018: AMSTERDAM, BURDEOS, DUBLÍN, EDIMBURGO, LONDON e PARIS.
Non sabedes onde ir de excursión?… chamádenos que vos asesoramos!.
- Published in Uncategorized @gl
VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NATURAL DO XURÉS
Comezamos unha nova aventura no Parque Natural do Xurés a través do programa de Voluntariado Ambiental nos Parques Naturais de Galicia, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexisonal no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
As actuacións van dirixidas a voluntarios e voluntarias de Galicia a través do programa de Voluntariado Galego da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Animádevos a compartir unhas xornadas espectaculares nos nosos Parques Naturais.
- Published in Uncategorized @gl
Proxecto Prototype
O pasado 26 de abril o proxecto IDE-EUROPE co que está comprometido Vida Láctea presentou en Bruxelas a súa iniciativa prototype xunto con outros dous país europeos: Polonia e Croacia. Prototype é desenvolver prototipos de ideas sociais e empresariais no ámbito do desenvolvemento do compromiso do voluntariado na busca de oportunidades de futuro. Vida Láctea buscará a través desta prototipaxe a innovación sobre as ideas e plantexará aos seus creadores a posible realización das mesmas.
- Published in Uncategorized @gl