OFERTA PROFESIONAL | AUDITOR/A DE PRIMEIRO NIVEL
Proxecto LIRES – Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021–2027
Ábrese un proceso para a selección e contratación dun/dunha Auditor/a de Primeiro Nivel para o Proxecto LIRES, cofinanciado polo Programa de Cooperación Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021–2027.
A persoa profesional ou entidade seleccionada será responsable de realizar as tarefas de verificación e control dos gastos asociados á execución do proxecto, de acordo coa normativa, procedementos e requisitos establecidos polo Programa Interreg POCTEP, así como coa normativa nacional e europea aplicable.
PERFIL REQUIRIDO
Búscanse profesionais independentes ou firmas de auditoría con experiencia acreditada en auditoría, control e verificación financeira de proxectos financiados con fondos europeos.
Valorarase especialmente:
Experiencia previa como Auditor/a de Primeiro Nivel ou controlador/a de proxectos Interreg.
Experiencia específica no Programa Interreg POCTEP.
Coñecemento da normativa de elixibilidade e xustificación de gastos aplicable aos proxectos de Cooperación Territorial Europea.
Experiencia na revisión de documentación administrativa, contractual, contable e financeira.
Coñecemento dos procedementos e plataformas de xestión, seguimento e xustificación empregados no marco de Interreg.
Capacidade para cumprir os prazos establecidos polo proxecto e polo Programa.
OBXECTO DA COLABORACIÓN
O servizo comprenderá as actuacións necesarias para a verificación dos gastos declarados no marco do Proxecto LIRES, incluíndo a revisión da súa elixibilidade, trazabilidade, correcta imputación e adecuación á normativa aplicable.
Así mesmo, comprenderá a elaboración e emisión dos informes, certificados e demais documentación de control que corresponda, de conformidade cos procedementos establecidos polo Programa Interreg POCTEP.
SOLICITUDE DE INFORMACIÓN
As persoas profesionais ou entidades interesadas poden solicitar información adicional sobre o proxecto, o alcance do servizo, as condicións e o procedemento de contratación a través do seguinte enderezo electrónico:
vidalactea@vidalactea.com
Proxecto LIRES
Programa Interreg VI-A España–Portugal (POCTEP) 2021–2027
- Published in Uncategorized @gl
ANUNCIO: CONTROLADOR DE PRIMEIRO NIVEL
Buscamos un controlador de primeiro nivel para a avaliación de primeiro nivel da participación de Vida Láctea no proxecto Atlantic Innoblue Communities do programa Interreg Atlantic Area.Remitir ofertas por mail: vidalactea@vidalactea.com
Prazo de entrega de ofertas: ata o 22 de xaneiro de 2024.
Máis información: xose@vidalactea.com

We are looking for a first-level controller for the first-level evaluation of Vida Láctea’s participation in the Atlantic Innoblue Communities project within the Interreg Atlantic Area program.
Send offers by email: vidalactea@vidalactea.com
Bid submission deadline: January 22, 2024.
More information: xose@vidalactea.com
- Published in Uncategorized @gl
ANUNCIO: CONTROLADOR DE PRIMEIRO NIVEL PARA AYCH
Buscamos un controlador de primeiro nivel para a avaliación de primeiro nivel da participación de Vida Láctea no proxecto Atlantic Youth Creative Hubs na súa extensión 3 dentro do programa Interreg Atlantic Area.
Remitir ofertas por mail: xose@vidalactea.com
Prazo de entrega de ofertas: 1 de abril de 2023.
Máis información: iria.quintans@vidalactea.com

We are looking for a first-level controller for the first-level evaluation of Vida Láctea’s participation in the Atlantic Youth Creative Hubs project in its extension 3 within the Interreg Atlantic Area program.
Send offers by email: xose@vidalactea.com
Bid submission deadline: April 1, 2023.
More information: iria.quintans@vidalactea.com
- Published in Uncategorized @gl
Turismo de Samos
Dende hai un ano vimos colaborando moi activamente con Lug Open Factory no desenvolvemento de ferramentas dixitais para dinamizar o Turismo do Rural galego, para elo conformamos diferentes actividades e eventos que iremos implementando pouco a pouco.
A idea é comezar con dúas zonas de acción unha delas é a de Samos o lugar onde nace o noso proxecto de vida hai máis de vinte anos.
Iremos dando conta das nosas actividades, eventos e programas na zona que de seguro servirán para poder ter un punto de partida tan necesario para o esquecido rural galego.
Podes ver toda a info en www.turismodesamos.com
- Published in Uncategorized @gl
CURSO DE DIRECTOR/A DE TEMPO LIBRE (OFICIAL e HOMOLOGADO)
Se tedes dúbidas podedes escribir a ese número de móbil.
Son 10 días presenciais, e 5 en liña.
Fai falla ter vida laboral ou xustificante correspondente que acredite que tés traballado como monitor/a de tempo libre (decreto 50/2000)
Reserva de praza aquí: https://forms.gle/ijUhncJerCnV3njU9
Número mínimo de alumnos/as: 10.Info Legal: decreto 50/2000
- Published in Uncategorized @gl
KEDADA BTT
De seguro que un domingo non tés mellor cousa que facer que ir dar unha volta en bicicleta cun grupo de amigos e amigas.
Apúntaste? Podes facelo aquí. Des seguro que non te arrepintes.
- Published in Uncategorized @gl
IMOS QUE NOS IMOS
E non paramos, en xaneiro iremos á Creative Jam de Sto. Tirso a disfrutar da mocidade e despois collemos as maletas e estaremos en Liverpool para unha reunión do proxecto.
Xa vos iremos contando.
- Published in Uncategorized @gl
FELIZ NATAL
Dende Vida Lactea desexámosvos que o ano que entra sexa o mellor do mundo para todas e para todos.
Bicos e Bicas.
- Published in Uncategorized @gl
Luc François
Recén chegado de Francia, dunha poboación moi preto de Luxemburgo chegou estes días Luc, un voluntario do programa Volunteer Interreg que vai estar connosco seis meses compartindo as súas vivenzas e axudándonos no noso proxecto Atlantic Youth Creative Hubs. Seguramente aprenderá moito e traballará a reo en prol da mocidade de Lugo.
- Published in Uncategorized @gl
Programa Practica
Vida Lactea coordina o proxecto Practica para mozos e mozas galegos que precisan prácticas profesionais en Portugal para o que se habilitan 12 prazas. Os participantes foron seleccionados de entre máis de 100 candidatos que viaxaron unha semana á zona de Amarante, Braga e Oporto para aloxarse en empresas e asociacións segundo a categoría elexida polos mozos e mozas.
As estadías completáronse con visitas a diferentes lugares relacionados co emprendemento e asociacións de voluntariado para completar así o carácter formativo das estadías nas empresas.
- Published in Uncategorized @gl

English
Português
Español 








