
Pois deu moito de sí a nosa Visita a Brest.
Por unha banda o Metropole de Brest encargounos realizar un obradoiro para mozos e mozas baseado no uso do smartphone e a edición de video, que resultou todo un éxito.
E pola outra banda fomos recibidos por Yves Gueren do FabLab da Universidade da Bretaña Oriental, un espazo creativo de primeiro orde que pecha para nós o ciclo das visitas a diferentes FabLabs europeos; xa temos a decisión tomada, Lugo contará cun FabLab, estamos empeñados e vai ser en breve.