
Recén chegado de Francia, dunha poboación moi preto de Luxemburgo chegou estes días Luc, un voluntario do programa Volunteer Interreg que vai estar connosco seis meses compartindo as súas vivenzas e axudándonos no noso proxecto Atlantic Youth Creative Hubs. Seguramente aprenderá moito e traballará a reo en prol da mocidade de Lugo.