Young Creative Company
T (+34) 982 82 84 96
Email: info@vidalactea.com
VIDA LACTEA, SLU
Rúa Pintor Corredoira, 4, Lugo
Tés unha idea e non sabes como levala a cabo?. Non te preocupes, nós dámosche cobertura de todo tipo, dende darlle forma ata conseguir financiación, e todo baixo o paraugas dunha empresa que xa vai para 14 anos de experiencia.
O potencial dos nosos proxectos está na creatividade e na innovación como pedra angular dun desenvolvemento da idea, tan difícil é botarlle imaxinación á vida? Non.
E sobre todo facemos Galicia, sempre por diante e con retos cada vez máis importantes, que sempre nos poñen nas avangardas do noso atendendo a unha realidade de país, de identidade e do sentir de nós.
Proxecto dentro do programa Interreg Atlantic Area que consiste na interrelación da mocidade creativa europea a través de espazos onde poden desenvolver os seus proxectos e as súas ideas en conexión con outros mozos e mozas, expertos e docentes de España, Francia, Portugal e Reino Unido. (www.aych.eu) - a web podes poñela así ou link, como queiras.
Países: 4
Socios: 13
Proxecto dentro do programa Interreg Atlantic Area que consiste na interrelación da mocidade creativa europea a través de espazos onde poden desenvolver os seus proxectos e as súas ideas en conexión con outros mozos e mozas, expertos e docentes de España, Francia, Portugal e Reino Unido. (www.aych.eu)
Proxecto Erasmus + que crea un espazo de pensamento e desenvolvemento de ideas cara a sociedade civil co fin de crear prototipos sociais e formais co fin de cambiar a nosa sociedade e ofrecer ferramentas de proxectos de vida integradores.
Proxecto Erasmus + que achega á sociedade os xeitos de vida dos diferentes Camiños de Santiago e que pretende unha dinamización integral entre as xentes dos camiños, a mocidade europea e a mocidade local.
Proxecto dentro do programa Erasmus + que busca darlle a voz a mozos e mozas de toda Europa sobre certos temas que lles preocupan e así crear unha plataforma de pensamento. (www.youthvoicesofeurope.com)
Subprogramas:
Proxecto do programa CERV onde mozos e mozas do sur de Europa crearán ideas e proxectos para mellorar a vida nas zonas rurais de Galicia, Norte de Portugal, Malta e Romanía (www.ruyou.eu)
Países: 4
Socios: 6
Proxecto no marco de Erasmus + que durante dous anos formarán a mozos e mozas de entre 14 e 19 anos en varias temáticas relacionadas coas zonas rurais do sur de Europa (Galicia, Italia e Portugal).
Países: 3
Socios: 6.