VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NATURAL DO XURÉS
Comezamos unha nova aventura no Parque Natural do Xurés a través do programa de Voluntariado Ambiental nos Parques Naturais de Galicia, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexisonal no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
As actuacións van dirixidas a voluntarios e voluntarias de Galicia a través do programa de Voluntariado Galego da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Animádevos a compartir unhas xornadas espectaculares nos nosos Parques Naturais.
- Published in Uncategorized @gl
Proxecto Prototype
O pasado 26 de abril o proxecto IDE-EUROPE co que está comprometido Vida Láctea presentou en Bruxelas a súa iniciativa prototype xunto con outros dous país europeos: Polonia e Croacia. Prototype é desenvolver prototipos de ideas sociais e empresariais no ámbito do desenvolvemento do compromiso do voluntariado na busca de oportunidades de futuro. Vida Láctea buscará a través desta prototipaxe a innovación sobre as ideas e plantexará aos seus creadores a posible realización das mesmas.
- Published in Uncategorized @gl
ALBERGUE DE ESGOS
Despois duns anos e afianzados no sector do alberguismo sendo punteiros no seu desenvolvemento en Galicia Vida Láctea amplia a súa familia alberguística cun albergue na provincia de Ourense: Esgos Youth Hostel. Un proxecto para pequenos grupos que queiran pasar uns días moi preto da cidade termal por excelencia de Galicia.
- Published in Uncategorized @gl
COWORKING LUG2
Vida Láctea está inmerso neste proxecto no seu centro Lug2 onde vén de crear un espazo de coworking onde emprendedores relacionados coa creatividade poderán conformar as súas empresas e traballar dun xeito moi diferente ao que vén sendo a empresa tradicional que está a quedar de todos os xeitos obsoleta. Búscase unha sinerxia de traballo creativo á vez que aporte un claro beneficio á sociedade.
- Published in Uncategorized @gl
CAMPAÑA DE VERÁN 2017
Na primeira semana de marzo teredes á vosa disposición a campaña de verán de Campamentos de Galicia xa nas vosas pantallas.
Se sodes entidades poderedes acceder a organizar os nosos campamentos con nós, pero se es un rapaz ou moza non te preocupes tamén terás as túas prazas por individual á túa disposición.
Todo en www.campamentosdegalicia.com
- Published in Uncategorized @gl