Vida Láctea é unha empresa que vén organizando eventos dende hai máis de doce anos e agora queremos amosarvos un novo xeito de traballar os eventos máis personais creando para tí e os teus un mundo de ilusións e un sinfín de ideas excepcionais para os vosos días máis sinalados.


Estades comprometidos e dende entón non parastes nin un minuto. Que si probas de vestiario, que si elección de alianzas, deseños,... Nin un minuto libre!. Achégase o día e sodes conscientes de que precisades axuda, porque aínda que vos gusta estar pendentes de toda queredes estar ao 100% cos vosos. O noso traballo de COORDINACIÓN refírese a eso mesmo, a coordinar todos os proveedores que tedes contratados para o evento e solventar calquera mínima incidencia. Reuniérmonos días antes da voda para que nos contedes absolutamtne todo e faremos un plan de traballo e o voso evento será o do ano. Pero aínda máis, tamén nos ocupamos dos invitados e invitadas e sobre todo da xente máis nova e maior que moitas veces precisa outra atención.

Tedes lido centos de artigos de prensa, libros e revistas especializadas, fixestes un planing nun excell con todos os pasos que ides facer nos vindeiros 12 meses. Pero vedes que precisades máis, que a literatura está moi ben, pero preferides complementala con axuda profesional; con alguén que se sente fronte a a vós, para poder encargarlle que faga o maior número posible de propostas innovadoras para que o voso evento sexa excepcional.

Se non podedes adicarlle horas á organiación polo motivo que sexa, se vos vedes limitados porque estades lonxe do lugar onde se vai celebrar, ou por calquera outro motivo nós podemos facer todo ¿como?. Estaremos ao voso lado dende o inicio, aconsellándovos, librándovos das preocupacións con apoio. Somos conscientes que vai ser un cambio nas vosas vidas e que hai moitas ilusións implícitas. Por eso o noso tempo é o voso, os nosos coñecementos tamén. Guiarémosvos con total imparcialidade, e as decisións serán sempre vosas: todas, e con total confianza.

Para nós a dinamziación de eventos é básica, é onde nace todo, e todo tén que estar á perfección, non só nun enlace senón tamén antes e despois do mesmo. Somos especialialistas na dinamización infantil pero cada vez estamos a facer máis propostas que teñen que ver coa dinamización de adultos: actores e actrices, música en vivo, dj's, oficiantes de cerimonias,... e un sinfín de ideas. E a nosa especialidade: as DESPEDIDAS DE AVENTURA.

Cada vez máis o pequeno comercio se vei invadido polas tremndas campañas das grandes áreas e cada vez son máis os negocios e asociacións que acuden a nós para crear plans de dinamización integral. Encargámonos do que queiras: dende unha campaña anual, diseños gráficos, escaparatismo, eventos promocionais, deseño e xestión web, asesoramento no uso das novas tecnoloxías. 

TOP