VIDA LACTEA & GALICIA

VIDA LACTEA sempre estivo preocupada polo desenvolvemento de Galicia e por iso participa en proxectos de emprendemento como IDE-EUROPE (www.ide-europe.org) que tén como obxectivo básico o inicio de programas e proxectos que poñan en conexión A CREATIVIDADE, A MOCIDADE E EUROPA.

SINERXIAS

Para nós é moi importante a sinerxia no traballo en cooperación así como a aportación da innovación e o compromiso social por iso apoiamos proxectos que sobre todo aportan solucións prácticas a problemas que tén a sociedade hoxe en día.

VIDA LACTEA participa no espazo
COWORKINGLUG2

Un espazo flexible que conecta, xera, comparte, enlaza e trata de dar visibilidade e proxección ao talento creativo de Lugo|Galicia. Un proxecto aberto e sempre en construción que nace da necesidade de facer medrar e fortalecer un dos nosos compromisos coa mocidade: a creatividade. Para iso, nace no Lug2 un espazo onde poder traballar, crear e conectar unha sinerxia de ideas entre persoas con talento e onde poder compartir unha nova forma de traballo. Temos a firme convicción de que a creatividade xoga un papel fundamental de servizo á sociedade e por elo apostamos porque os nosos coworkers teñan unha especial sensibilidade creativa e social. Máis info en COWORKINGLUG2

Participamos tamén do proxecto Galicia Plus.

Ademáis, na nosa preocupación pola nosa terra participamos tamén do proxecto Galicia Plus. A Asociación Galicia Plus é unha asociación sen ánimo de lucro, de carácter xeral, que leva a cabo diferentes servizos e actuacións co obxecto contribuír ao desenvolvemento económico, medioambiental, social e cultural de Galicia.

Dende a Asociación Galicia Plus facemos fincapé no potencial de recursos de Galicia e da innovación tecnolóxica para afrontar os retos do século XXI. Contamos cun capital humano e profesional interdisciplinar que enriquece nosos proxectos e actividades. (www.galiciaplus.com)

TOP